Localízate no teu comercio local!

  • Máis de 600 alumnos/as participarán nesta primeira edición que comeza o próximo 12 de maio en Ourense e que continuará en A Coruña, Vigo e Lugo
  • A unidade móbil de Localízate estará instalada no centro das cidades do 12 ao 16 de maio onde, ademáis de servir como punto de inicio e meta da proba por equipos, funcionará como punto informativo e albergará distintas mostras dos comercios locais. 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presenta o proxecto educativo "Localízate no teu comercio local!", destinado á mocidade de entre 12 e 16 anos.

Esta iniciativa comeza, neste curso 24/25, cunha experiencia piloto nas cidades de Ourense, A Coruña, Vigo, Lugo e Santiago. Nas sucesivas edicións iranse sumando distintas localizacións ata abarcar todo o territorio galego. O alumnado participante nestas xornadas, poderá coñecer de primeira man o seu comercio local máis próximo e o impacto social, medioambiental e económico que xera.  

Esta actividade desenvólvese como una carreira por equipos, onde os participantes deberán percorrer a pé as principais zonas comerciais e prazas de abastos dos centros das cidades, resolvendo distintas probas e interactuando con cada un dos comercios que colaboran na actividade.

Deste xeito os participantes estarán a potenciar habilidades como a comunicación, o traballo en equipo, a iniciativa emprendedora, a escoita activa e competencias como a lingüística, social, matemática ou expresión cultura, así como a actividade física.

O obxectivo deste programa é o de poñer en valor os beneficios que achega o comercio local como a experiencia de compra, a xeración de riqueza e emprego local, a proximidade e sustentabilidade e a autonomía que achega, en especial aos máis novos que poden desfrutar das compras e o ocio de forma independente.

"Localízate, no teu comercio local!" estará presente do 12 ao 16 de maio no centro das distintas cidades a través dunha unidade móbil, que ademáis de servir como punto de inicio e meta da proba por equipos, servirá como punto informativo e albergará distintas mostras dos comercios locais.

Esta iniciativa chegará, a través dos centros escolares, a máis de 600 alumnos/as nesta primeira edición e contará coa participación de máis de 70 comercios

Como participar na actividade?

Poderán participar nas xornadas de "Localízate, no teu comercio local!" todos os centros educativos de secundaria das cidades participantes nesta primeira edición: Ourense, A Coruña, Vigo e Lugo. As prazas son limitadas.

Consulta os pasos a seguir para tramitar a solicitude nesta ligazón.

Ligazóns relacionadas

Documentos relacionados