Comercio

De conformidade co Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, corresponde á Dirección Xeral de Comercio e Consumo:

  • a planificación, a coordinación e o control das competencias da Consellería en materia de comercio interior e exterior, artesanía e consumo;
  • a planificación e o desenvolvemento das estruturas comerciais, feiras, mercados e lonxas, agás as pesqueiras en primeira venda;
  • a tutela e a coordinación das actividades das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación
  • e, ademais, a intervención en materia de prezos sobre os cales se deba pronunciar a Comisión de Prezos de Galicia.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

  • Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial
    • Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial
  • Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
    • Servizo de Promoción Comercial e Artesanía
    • Servizo de Entidades e Coordinación Comercial

Contactos relacionados

  • Dirección Xeral de Comercio e Consumo
    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
    15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 981 54 55 91 / 981 54 55 90